"Ás veces é mellor estar calado. Unha tía miña, que todo o solucionaba con ditos e refráns, dicía algo así como “un é escravo do que di e dono do que cala”. Sempre me pareceu un sabio aforismo, e se cadra debería terlle feito caso nalgunhas ocasións, aquelas que, aínda que raras, contribuíron a dar bruscos cambios de sentido á miña vida."

A vida de Iago Loureiro comezará un xiro inagardado aquel día no que Francisco Barreiros, presidente da deputación provincial, acode ao seu pobo para inaugurar a nova casa da cultura. Un discurso esquecido no pazo provincial e estar no sitio oportuno no momento xusto marcarán o devir da vida de Iago, estudante de hispánicas e aspirante a escritor.

Speechwriter é a segunda narración longa que publico despois de Magyar Posta (Instituto de Estudos Chairegos, 2007), e a primeira que ve a luz en formato dixital, a través desta páxina.


Agardo que vos guste!

Capítulos I-II-III
Capitulos IV-V-VI
Capitulos VII-VIII
Capítulo IX
Capítulos X-XI
Capítulos XII-XIII-XIV
Capítulos XV-XVI
Capítulos XVII-XVIII-XIX
Capítuos XX-XXI-XXII-XXIII
Capítulos XXIV-XXV-XXVI-XXVII
Capítulos XXIX-XXX-XXXI
Capítulos XXXII-XXXIII-Coda